PISCINA
Piscina de 14×6 metros e 1,30 metros de profundidade
Se atopa rodeada por un recinto pechado de 600m²
A nosa zona de baño conta cun solarium con varias tumbonas e unha ampla zona de sombra
A piscina está aberta de 11.30h a 20.30h (cando o clima o permite)
Os menores de idade terán que estar sempre acompañados dun adulto
PARQUE INFANTIL
No Acampamento O Courel temos un parque infantil para os máis pequenos ónde poderán atopar dúas zonas diferenzadas.
Na primeira tres casiñas de madeira que imitan unha escola en miniatura, unha taberna e un colmado, para que os nenos xoguen libremente ao que se lles ocorra.
A outra zona é un espazo con bambáns, un balancín e un tobogán.
¡Ademáis tamén poderán disfrutar xogando ao ping-pong!
PARQUE DE MERENDAS
Nas instalacións do noso Acampamento en O Courel contamos cunha zona de lecer de 450 m² con bancos e mesas de losas do Courel.
Trátase dunha zona ideal para comer ou merendar á sombra das árbores.
A posibilidade para facer barbacoas dependerá da normativa vixente contraincendios da comarca en cada época do ano.
CANTINA E RECEPCIÓN
A nosa cantina-recepción estará abierta en horario continuo dende as 9.00 horas ata as 24.00 horas.
Nela poderás atopar un posto de información sobre a serra do Courel e tamén poderás disfrutar dunha ampla terraza onde tomar algo.
ZONA WIFI
A consecuenza da orografía do Courel e debido ao abandono que sufrimos por parte das empresas de telefonía no rural, hai pouca cobertura no acampamento e solo temos wifi na zona de recepción e cafetería.
¡Unha situación ideal para desconectar!
BIBLIOTECA
No Acampamento O Courel estamos en todo e por iso recentemente incorporamos unha pequena biblioteca con bibliografía sobre O Courel.
Nela poderás atopar libros de natureza, etnografía, novela e incluso comic, tanto en galego como en castelán.
Ademáis de bibliografía sobre O Courel
Literatura infantil. Xogos de mesa.
¡Poderás collelos prestados para lelos na piscina, o parque de merendas, a acampada ou os apartamentos!
O NOSO RESTAURANTE
A NOSA CARTA
As patacas veñen de A Cutela; as acelgas e os grelos de Esperante e Piñeira; os chourizos fanse con cerdos que cría Pepe con verduras, cebada e castañas. A carne de terneira a traemos de Samos; a caza, antes dos cazadores del coto do Courel Alto, e hoxe en día do matadeiro oficial de Fonsagrada. Os queixos, por suposto, do Cebreiro.
Cuando non é posible abastecernos na Serra do Courel, seguimos recurrindo a produtos de preto. Por iso as truchas veñen de Baralla e algúns dos nosos embutidos de Samos e Lugo.
E as castañas, ¿de onde van vir as castañas no Courel?
Con todos estos produtos elaboramos os platos que compoñen a nosa carta.
O FORNO
Para incrementar a nosa oferta culinaria temos un forno de leña, plenamente integrado na terraza da cafetería, polo que se pode participar no proceso de cocción tradicional.
Facemos asados por encargo; tamén Maribel nos fai empanadas das de antes, sobre todo a de acelgas con panceta, típica do Courel. E como non, cada vez que acendemos o forno, aproveitamos para que faga un pan que non serás capaz de parar de comer.
Verán
Outono
HORARIO DE APERTURA
15 MARZO – 10 DECEMBRO
Aberto todas as fines de semana e pontes
23 XUÑO – 4 SETEMBRO
Apertura continua
SEMANA SANTA
Apertura completa
11 DECEMBRO – 14 MARZO
Pechado