PAISAXE NATURAL

“Anda o vento ceibe polos eidos
Con tódalas áas soltas
Empreña os castiñeiros
Ripa as lousas dos teitos
Escachafoula nas portas!”

Os Eidos
Uxío Novoneira

OS BOSQUES

A cuarta parte da serra do Courel está cuberta por bosques de faias, castiñeiros e carballos sen esquecer os encinares, sobreiras e bidueiros.

Os bosques formados na súa maioría por faias, teñen o seu máximo expoñente na Devesa da Rogueira, declarada Sitio Natural de Interés Turístico, un dos bosques de maior biodiversidade de toda Galicia; xunto ás faias podemos observar carballos, abeleiras, acibros ou teixos.

Os bosques de castiñeiras prantados polo home, rodean as aldeas do Courel.  Para a pena achegarse a Vilar, Mercurín ou Paderne.

Pero non todo son bosques. En primavera las orquídeas, algunhas delas endémicas do Courel e do Bierzo florecen por todas partes e para a súa conservación se crearon catro reservas de proteción: Alto do Couto, Visuña, Mostaz y Pedrafita do Courel.

IMPRESCINDIBLES

AS 5 ACTIVIDADES QUE NON PODES DEIXAR DE FACER DURANTE A TÚA ESTANCIA NO COUREL

1 Camiñar pola Devesa da Rogueira, o faial máis septentrional de Europa.

2 Visitar a Fervenza de Vieiros en inverno ou primavera cando máis auga leva.

3 O Val das Mouras preto de Mercurín. Ideal para ir con nenos a unha paraxe repleta de formacións calcáreas

5 Visitar o xeomirador de Campodola, unha das razóns pola que a Unesco declarou as montañas do Courel xeoparque mundial

FAUNA

PATRIMONIO CULTURAL

A paisaxe do Courel, coas súas pequenas aldeas esparexidas por toda a serra, móstranos un territorio fortemente humanizado dende hai moitos séculos. Vémolo nos castros, por exemplo, o da Torre, o máis estudado e conservado do Courel.

Pero hai outros: o de Brio, Romeor, Vilamor ou o Castro de Vilar, enclavado nunha paraxe espectacular.

As ferrerías indícannos a existencia no pasado dunha importante industria de ferro dende a Idade Media. Os seus topónimos atomámolos na zona: Ferrería Nova, Ferreirós, Ferramulín, Ferrería Vella

O túnel de Romeor, do século III d c. fálanos das técnicas usadas polos romanos na súa búsqueda do preciado ouro, tal como facían nas veciñas Médulas ou en Montefurado no río Sil.

E están as aldeas, coas súas casas apiñadas e tellados de losa, os seus corredores e balcóns; algunhas totalmente recuperadas como Froxán y Seceda, declaradas Ben de Interese Cultural.

A consecuenza do despoboamento do Courel na segunda metade do século XX moitas vilas quedaron case sen veciños, as escolas sen nenos e os días de feira e mercados desapareceron

Pero o Courel ten futuro. Pouco a pouco algunha xente nova está a instalarse na serra, e unha pequena pero crecente industria turística estase a asentar na zona con turismo de montaña e rural de fondo. ¡Incluso abriron novas tabernas! O Courel humanamente segue vivo.

Fotografía: Fundación Oso Pardo

O OSO

As alvarizas o abellarizas son construcións de pedra, circulares e pechadas, cunha pequena porta para acceder ao interior; os muros construídos coa técnica de pedra en seco, chegaban a ter 3 metros de altura. Eran construcións pensadas para protexer as colmeas dos osos, mamíferos moi presentes na serra do Courel ata finais do século XIX.

Abandoadas e a maioría delas en ruinas, nos últimos anos estanse a recuperar para reconstruilas. A razón: o oso volve ó Courel.

Dende 2015 realizáronse máis de 130 rexistros de presenza de oso pola serra: algúns foron vistos en directo, outros se detectaron debido a restos de cabelo ou excrementos, e outros polos temidos ataques ás colmeas. Aínda así, inda se trata de visitas esporádicas de osos macho novos que baixan dende os Ancares Lucenses e Leoneses.

O proxecto Life Oso Courel ten parte da culpa nesta viaxe de volta. O seu proxecto, desenvolto entre 2017 e 2020, ten como obxectivo xeral “favorecer a conservación a longo prazo da poboación de oso cantábrico, facilitando a súa nova expansión, e abordando para iso aspectos como a disponibilidade de alimentos, a prevención de potenciais conflitos entre o oso e as actividades humanas e a información e sensibilización da proteción local”

5 IMPRESCINDIBLES DO PATRIMONIO CULTURAL DO COUREL

1 Visitar as aldeas recuperadas de Seceda y Froxán

2 Participar no Festival dos Eidos (en verán e outono) organizado pola Fundación Uxío Novoneira.

4 Non perderse a festa da castaña (anos alternativos en Folgoso ou Seoane) e a festa da Pisa en Froxán.

5 Iniciarse ou reler a poesía de Uxio Novaneira e María Mariño, poetas do Courel, na biblioteca do acampamento.

ROTEIROS DE SENDERISMO NO COUREL

Quilómetros e quilómetros de corredoiras para disfrutar do grande e do pequeno

VER TODOS OS ROTEIROS
HORARIO DE APERTURA

15 MARZO – 10 DECEMBRO

Aberto todas as fines de semana e pontes

23 XUÑO – 4 SETEMBRO

Apertura continua

SEMANA SANTA

Apertura completa

11 DECEMBRO – 14 MARZO

Pechado